Noticias

Piden ó concello que coide a fonte de Bispo Cesáreo

Desde o grupo municipal do BNG piden ó concello que coide a fonte de Bispo Cesáreo que sufre un importante deterioro pola instalación da árbore de Nadal.

Nos últimos dous anos, o concello de Ourense instalou unha gran árbore de Nadal xusto encima da fonte situada na praza de Bispo Cesáreo.

Piden ó concello que coide a fonte de Bispo Cesáreo

«Este goberno se caracteriza por non ter o máis mínimo respecto e coidado polo noso patrimonio» sinala Luís Seara, portavoz do BNG no concello.

No seu momento, o BNG informou que a instalación desta estrutura era «unha auténtica barbaridade e aberración». Esta fonte barroca, trasladada no seu momento desde o Mosteiro de Oseira, sofre agora as consecuencias destas accións. Desde o BNG solicitan ó goberno municipal que preserve o patrimonio da cidade.

Botón volver arriba