Dende o grupo parlamentario do BNG piden concreción sobre a Área de Turismo Termal que segundo anunciou a Xunta de Galicia estará en Ourense.
Integrada na Axencia de Turismo de Galicia, a Área de Turismo Termal terá como obxectivo «a proxección exterior de Galiza como referente no termalismo, potenciando a posta en valor turístico dos recursos naturais e culturais vencellados ao termalismo, estruturando as ofertas, os recursos e os servizos para reforzar a condición da Galiza como destino termal».
Piden concreción sobre a Área de Turismo Termal que estará en Ourense
Esta nova Área terá a súa sede en Ourense, «cidade recoñecida polo Parlamento de Galiza, por unanimidade no seu día, como a Capital termal de Galiza», segundo recordou Iago Tabarés, deputado por Ourense.
Recorda Tabarés que «a realidade é que na Capital Termal de Galiza a meirande parte dos seus aproveitamentos termais están pechados ao baño ou co acceso ao público limitado». Ante esta situación, solicitan á Xunta de Galicia que concrete cal vai ser «o cronograma, a estrutura, a ubicación e o orzamento co que vai contar».