Noticias

Piden máis políticas dirixidas á mocidade

Desde o PSdeG-PSOE piden máis accións políticas dirixidas á mocidade que inclúan a reapertura do Espazo Lusquiños cunha programación de calidade.

No primeiro pleno do novo mandato, o partido socialista presentará unha moción na que pedirán a reapertura inmediata do Espazo Lusquiños.

Piden máis políticas dirixidas á mocidade

«Este lugar é o símbolo da recuperación dos espazos seguros para a mocidade onde poder desenvolver a nosa personalidade» indica Alba iglesias, secretaria xeral das XX.SS. en Ourense. Ademais da recuperación deste espazo, os socialistas piden recuperar a Concellería de Xuventude para por en funcionamento actividades e programas de ocio dirixidos á xente moza.

Piden máis políticas dirixidas á mocidade
Alba Iglesias, concelleira en Ourense
Foto: PsdeG-PSOE de Ourense

«Queremos fomentar a participación da xuventude nas accións municipais. Porque temos que ser escoitados e as nosas demandas teñen que ter solución. E quen mellor que nós mesmos para saber o que necesitamos» destaca Alba Iglesias para pedir tamén a creación do Consello Municipal de Xuventude.

Botón volver arriba