Noticias

Piden medidas para manter limpas as rúas de Barbadás

Desde o BNG piden medidas para manter limpas as rúas de Barbadás mediante unha modificación da Ordenanza de Convivencia Cidadá.

Os concelleiros do BNG presentarán no próximo pleno unha solicitude para modificar esta ordenanza que permita manter limpas as rúas do municipio.

Piden medidas para manter limpas as rúas de Barbadás

Sarín Núñez, voceiro municipal do BNG, sinala que o estado das rúas do concello é «sinxelamente lamentábel». Esta situación está provocada «porque en moitos destes lugares as nosas mascotas ouriñan día si e día tamén, sen que a ninguén semelle importarlle o máis mínimo e a sensación que se transmite cando a cidadanía circula por estas beirarrúas é dun abandono importante en cuestións de limpeza viaria e de decoro».

Piden medidas para manter limpas as rúas de Barbadás
Foto: BNG

Recorda o voceiro nacionalista que «desde o BNG, pedimos en varias ocasións que se escoitaran estas peticións e que se efectuara unha limpeza máis intensa daqueles lugares que o precisaran».

Para por fin a esa situación e mellorar o estado das rúas, o grupo municipal do BNG solicita «modificar a actual Ordenanza municipal de Convivencia cidadá e levar a cabo unha campaña de sensibilización e información entre as propietarias de mascotas no noso concello».

Botón volver arriba