Piden á Xunta de Galicia que proceda a recuperar o proxecto do Ecobarrio da Ponte que foi presentado no ano 2018.
«Deixar atrás as mentiras» para recuperar e levar a cabo o proxecto do Ecobarrio da Ponte é a petición que os socialistas de Ourense realizan ó presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Piden recuperar o proxecto do Ecobarrio da Ponte
O proxecto, presentado no ano 2018, incluía unha inversión de 20 millóns de euros. Ata o momento, só se inverteu o 4% desa cantidade e incluso a oficina do Ecobarrio leva varios anos pechada. «Non podemos tolerar máis escusas, nin que agora se escuden en se entran ou non entran fondos Next Generation para cubrir o proxecto», indica Carmen Rodríguez, deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Parlamento de Galicia.
A parlamentaria pide ós responsables que cumpran coa «promesa de crear 300 postos de traballo e converter o barrio da Ponte nun referente no uso da xeotermia».