Noticias

Piden a rehabilitación da vella cadea tras 38 anos de abandono

Piden a rehabilitación da vella cadea de Ourense tras 38 anos de abandono para recuperar unha infraestrutura de gran importancia na cidade.

Membros do grupo municipal do BNG de Ourense solicitan que o goberno do concello solicite as axudas que ofrece o Estado para a conservación de bens inmobles do patrimonio histórico artístico.

Piden a rehabilitación da vella cadea tras 38 anos de abandono

Este programa de axudas forma parte do plan estatal que destina o 2% cultural e mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 15 de outubro.

Piden a rehabilitación da vella cadea tras 38 anos de abandono
Foto: BNG de Ourense

Entende o BNG que este edificio cumpre coas condicións que esixe esta convocatoria ó tratarse dun edificio con protección integral dentro dun espazo catalogado BIC e ser de titularidade pública. Entre os usos que podería ter este edificio estarían un aproveitamento termal ou un lugar de memoria ós represaliados que estiveron na cadea.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.