Noticias

Piden retomar o proxecto de captación no Río Miño para Ribadavia

Piden retomar o proxecto de nova captación de auga no Río Miño para garantir o subministro na localidade de Ribadavia e non sufrir situacións como a vivida no ano 2022.

O grupo político Ribeiro en Común pide que a Xunta de Galicia e Augas de Galicia cumpran co seu compromiso co concello de Ribadavia.

Piden retomar o proxecto de captación no Río Miño para Ribadavia

Anunciado no ano 2023, esta nova captación quedou paralizada sen mais explicacións. Recentemente, o concello e a Xunta de Galicia anunciaban o subministro e tratamento da Groba, Chabolas e Sanín.

Piden retomar o proxecto de captación no Río Miño para Ribadavia

Ribeiro en Común solicita que este proxecto se poña en marcha o antes posible e pide ó concello que se faga cargo dos problemas reais da rede de auga municipal.

Botón volver arriba