Noticias

Piden urxencia nas obras da piscina termal das Burgas

Desde o grupo municipal do BNG piden urxencia nas obras da piscina termal das Burgas que continua pechada desde o ano 2020.

No ano 2020, as instalacións da piscina termal das Burgas pechaban pola crise da covid19 que afectaba á poboación de todo o mundo. Posteriormente, unha lei da Xunta de Galicia sobre o aproveitamento lúdico das augas termais obrigaba a realizar obras de adaptación.

Piden urxencia nas obras da piscina termal das Burgas

Estas obras foron licitadas o 9 de maio pero aínda non se iniciaron. Desde o BNG indica que «xa tiñan que estar executadas desde hai moito tempo, que están impedindo que tanto a veciñanza como as centos de persoas que nos visitan poidamos disfrutar delas e que tiñan que terse iniciado o pasado venres como moi tarde».

Piden urxencia nas obras da piscina termal das Burgas
Rhut Reza. Foto: BNG de Ourense

Rhut Reza, concelleira en funcións, indica que «volve estar en risco a subvención concedida pola Xunta de Galiza para a execución das obras». Recorda a concelleira do BNG que «xa o ano pasado, por mor da desidia e o desinterese do actual Goberno local, perdéronse os 150.000 euros que aportaba a Xunta para a súa execución».

Botón volver arriba