Noticias

O Plan VEO supera os 1.100 beneficiarios en Ourense

O Plan VEO supera xa as 1.100 persoas beneficiarias en Ourense, reforzando o compromiso do Goberno de España coa saúde visual da infancia.

O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, destacou en Celanova o impacto deste programa durante unha visita á Óptica Anteollos.

O Plan VEO supera os 1.100 beneficiarios en Ourense

A iniciativa, impulsada polo Ministerio de Sanidade, permite financiar ata 100 euros anuais en sistemas de axuda visual para menores de 16 anos.

O Plan VEO supera os 1.100 beneficiarios en Ourense
Foto: Subdelegación do Goberno

Na provincia hai 51 ópticas adheridas, mentres que Galicia lidera o acceso ao plan en España, con máis de 95.000 nenos e nenas beneficiarios. “O Goberno ponse ao carón das familias co financiamento dun gasto esencial”, subliñou Santos.

As axudas, dotadas con 48 millóns de euros, poden solicitarse ata o 31 de decembro de 2026 en establecementos participantes, contribuíndo tamén ao impulso do comercio local.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba