Noticias

Plenos desvirtuados para tapar unha situación crítica

Denuncian que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, provoca uns plenos desvirtuados para tapar unha situación crítica na que se atopa a área social.

O grupo socialista do concello de Ourense denuncia as estratexias do actual alcalde para non debater sobre asuntos de gran importancia.

Plenos desvirtuados para tapar unha situación crítica

«Primeiro foi a convocatoria da sesión extraordinaria solicitada por PSOE e BNG sobre o grave desmantelamento que pretende levar adiante nos servizos sociais, así como o seu desleixo e política de recurtes aos que máis o necesitan, solapándoa coa ordinaria de novembro», indica Natalia González, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Ourense.

Plenos desvirtuados para tapar unha situación crítica

Ese caso ten a súa continuidade coa alteración da orde do día do pleno ordinario. Natalia González mostra o seu malestar por deixar «para o final, a pesares de ser rexistradas con anterioridade, as mocións de PSOE e BNG relativas ás áreas de igualdade e saúde, e priorizando dúas iniciativas do PP de escasa crítica política ao seu goberno».

Botón volver arriba