Noticias

Poñen sobre a mesa o uso de instalacións militares

Poñen sobre a mesa o uso de instalacións militares existentes na provincia de Ourense e que están en estado de abandono desde fai máis de 30 anos.

O deputado no Congreso polo PSOE, Adolfo Pérez Abellás, e o secretario provincial do PSdG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, mantiveron unha reunión co subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Peñas Preckler.

Poñen sobre a mesa o uso de instalacións militares

Entre os asuntos tratados na reunión, destaca o que afecta ó uso de instalacións militares abandonadas e que supoñen unha importante superficie nos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas. Desde 2002, estes terreos que teñen unha extensión de 65.000 metros pertence á deputación Provincial que os adquiriu ó Ministerio de Defensa.

Poñen sobre a mesa o uso de instalacións militares
Foto: PSdeG-PSOE

Para os socialistas, este espazo «merece ser posto en valor como xa se fixo co complexo de San Francisco, xa que axuda a comprender e valorar a nosa historia». A utilización destes terreo tería tamén un efecto positivo no desenvolvemento da zona. «É esencial que todas as institucións públicas invistan esforzos na restauración e promoción do patrimonio público qu, é de todos e todas, teña ou non carácter militar, para que poidan contribuír ao desenvolvemento sostible da provincia».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.