Noticias

O Premio Roberto Prada recoñece á MIT

O Premio Roberto Prada á xestión cultural recoñece á MIT de Ribadavia outorgándolle o primeiro premio na sexta edición destes galardóns.

Dirixo a persoas, proxectos ou colectivos que desenvolvan iniciativas relacionadas coa cultura galega, o Premio Roberto Prada recorda a figura dun galeguista de gran relevancia para a emigración galega na Arxentina.

O Premio Roberto Prada recoñece á MIT

O primeiro premio, dotado con 3.000 euros, recoñece a labor da Mostra Internacional de Teatro (1973-2023) no seu 50º aniversario por converter a Ribadavia na capital do teatro galego «sendo decisivo na súa profesionalización e converténdose nunha cita de referencia estatal».

O Premio Roberto Prada recoñece á MIT
Foto: deputación de Ourense

O segundo premio foi para «A Casa Vella», espazo de creación escénica que recibirá 2.000 euros. O último galardón, dotado con 1.000 euros é para a asociación fotográfica «Os Potiños» de O Carballiño.

Botón volver arriba