Noticias

A memoria será o eixe central da MIT 2023

A memoria será o eixe central da MIT 2023 que se celebrará en Ribadavia entre os días 15 e 23 de xullo alcanzando a súa 39ª edición.

Coincidindo co Día Mundial do Teatro, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presenta a súa imaxe para a edición deste ano.

A memoria será o eixe central da MIT 2023

Memoria, cohesión e innovación son os elementos que mostra o cartel desta 39ª edición da MIT. Creado por A&B Comunicación e Deseño, o cartel mostra unha fotografía antiga da Praza Maior de Ribadavia mesturada con elementos máis actuais.

Nesta edición, a organización dará un protagonismo especial ó 50º aniversario da 1ª Mostra Abrente. No programa, aínda por definir, os organizadores presentarán varios debates sobre a actualidade e o futuro do teatro.

A memoria será o eixe central da MIT 2023

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.