Noticias

Preocupa a situación da escola de enfermaría de Ourense

Preocupa a situación da escola de enfermaría de Ourense ante a próxima integración na Universidade de Vigo xunto ás escolas de Pontevedra e Vigo.

O temor ante este movemento ven provocado por unha perda de autonomía e capacidade da actual escola de enfermaría ó ser integrado dentro da Universidade.

Preocupa a situación da escola de enfermaría de Ourense

«En Ourense xa sabemos o que isto pode significar pois temos exemplos de como procesos similares acabaron debilitando o posicionamento do noso Campus» indica Luís Seara, portavoz municipal do BNG en Ourense.

Preocupa a situación da escola de enfermaría de Ourense
Luís Seara. Foto: BNG de Ourense

Este cambio no funcionamento da escola leva ó BNG a pedir a implicación municipal. «O Concello de Ourense debe manifestarse e posicionarse claramente a favor do mantemento da Escola de enfermaría de Ourense, garantindo que a descentralización permita que a nosa Escola poida manter a súa autonomía, algo do que disfrutan o resto de centros da propia Universiade de Vigo».

Botón volver arriba