Noticias

Presentación da Festa da Saínza 2023

Un acto no campo da batalla foi o escenario no que tivo lugar a presentación da Festa da Saínza 2023 a cargo da alcaldesa de Rairiz de Veiga e varios colaboradores.

Asunción Morgade indicou que esta festa é «unha das máis senlleiras celebracións da Limia e, se mo permitides, da provincia de Ourense e de toda a comunidade coa que se despiden as grandes festas do verán».

Presentación da Festa da Saínza 2023

No acto de presentación do programa da romaría da Saínza 2023 tamén estiveron presentes Ana Míguez e Julio Domínguez «dous dos meus máis fieis colaboradores na organización desta romaría e sen os quenon teríamos o éxito de público que ano tras ano se acada» indicou a rexedora.

Presentación da Festa da Saínza 2023

Non faltou o capitán do bando cristián, Breogán Prieto, que será un dos protagonistas na batalla do próximo domingo.

Botón volver arriba