Presentan os carteis da 40ª MIT de Ribadavia que neste ano 2024 se celebrará entre os días 19 e 27 de xullo.
No acto de presentación tamén se realizou un avance da programación da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2024.
Presentan os carteis da 40ª MIT de Ribadavia
Autoridades municipais do Concello de Ribadavia, o Director Artístico da MIT e unha das responsables do deseño dos carteis estiveron presentes no acto.
Os carteis reflicten a evolución e traxectoria desta mostra internacional de teatro mediante «a fusión e a idea de linguaxes híbridas» a través de fotografías de Rosiña Rojo.
Entre os avances anunciados para a MIT 2024 están as Residencias Paraíso da Igrexa da Madalena coa participación do colectivo Desgarradura. Para pechar a 40ª edición da MIT atoparemos Iribarne, unha coproducción da MIT co Centro Dramático Nacional e ButacaZero.