Noticias

As presas de Ourense activan as súas sirenas en xuño

As probas de sirenas dos Plans de Emerxencia das Presas (PEP) de San Pedro, Os Peares e Velle realizaranse os vindeiros martes 17 e mércores 18 de xuño.

O son será audible en distintas zonas da cidade de Ourense. A poboación non terá que adoptar ningunha medida especial e poderá continuar coas súas actividades con normalidade.

As presas de Ourense activan as súas sirenas en xuño

O martes 17 pola mañá comezarán as probas nas presas dos Peares e de Velle. A partir das 9:00 horas faranse soar as sirenas dos Peares, perceptibles principalmente en Velle e no Polígono das Coiñás – O Vinteún.

Pola tarde, desde as 17:00 horas, será a quenda da presa de Velle, cuxa proba terá maior impacto acústico e se escoitará en dez puntos diferentes: Velle, Parque Loña, As Lagoas, Paseo das Ninfas, Avilés de Taramancos, Manuel Murguía, Reza, O Pino, Termas de Outariz e Untes.

Presa de Velle

Ao día seguinte, mércores 18 de xuño, realizarase a proba da presa de San Pedro, coa activación das sirenas prevista para as 10:40 horas. Neste caso, afectará ao Polígono das Coiñás e á parroquia de Velle.

Estas probas están incluídas nas accións anuais que forman parte da implantación dos Plans de Emerxencia das Presas hidráulicas. A súa organización corresponde a Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense, á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.