Noticias

Problemas co material obriga a deter a obra do Pavillón de Ribadavia

Uns problemas detectados co material que se está empregando obriga a deter a obra da nova pista no pavillón de Ribadavia.

Ribeiro en Común indica que ó malestar que existe entre deportistas e clubs pola planificación das obras na metade da temporada, únese agora a paralización das mesmas.

Problemas co material obriga a deter a obra do Pavillón de Ribadavia

A empresa encargada de realizar esta obra detectou un defecto de fabricación no material que está empregando. Ribeiro en Común solicita un informe técnico da execución da obra onde se indique por escrito cal é a causa da paralización.

Problemas co material obriga a deter a obra do Pavillón de Ribadavia

Este grupo municipal solicitou en varias ocasións que a obra se realizase ó remate da temporada deportiva polos seguintes motivos:

  1. «Para non perxudicar aos clubes e aos centos de deportistas usuarios desta pista, tan reivindicada, e que chega con moitos anos de tardanza.«
  2. «Neste tipo de obras sempre aparecen cuestións técnicas que as dificultan. Máis cando a ubicación deste pavillón ocasiona todos os invernos episodios de alta humidade.«
  3. «Porque o proxecto presentado na anterior lexislatura, con ReC xestionando a área de deporte, fixaba de prazo ata final do ano 2024, con tempo máis que suficiente para facer esta obra nos meses de verán despois de rematar as diferentes ligas.«

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.