Eventos

Programa do Entroido de Maceda 2024

O Programa do Entroido de Maceda 2024 comezou o pasado sábado, 20 de xaneiro, e rematará o 17 de febreiro co enterro dos Mecos na Praza das Toldas.

A programación está deseñada para fomentar a participación dos veciños e veciñas ós que se sumará un importante número de visitantes que acoden en cada edición a esta localidade.

Programa do Entroido de Maceda 2024

Mostramos a continuación a programación completa do Entroido que celebra o concello de Maceda.

Sábado, 20 de xaneiro

  • Obradoiro de Mecos de Entroido no Edificio Multiusos

Sábado, 27 de xaneiro

  • Enfelarte 2024
    I Xornada de difusión do Entroido de Maceda coa participación do investigador e escritor Santiago Prol, a costureira artesá Mercedes López Pascual e o director Eloy Domínguez Serén.

Venres, 2 de febreiro (Venres de desmadre)

  • 20h – pinchos gratis con cada consumición polos bares do pobo
  • 23h – actuación musical dunha charanga
  • 00h – reparto dos mecos polo pobo

Sábado, 3 de febreiro

  • 17 – Fiadeiro en Carguizoi Maceda)
    Actuación do grupo de música tradicional Os Carunchos de Vigo e outros grupos de música tradicional
    Recepción dos Felos en Carguizoi á noitiña

Venres, 9 de febreiro (Venres de Comadres)

  • 20h – Pasarrúas por Maceda con animación musical dunha charanga
  • 21:30h – Cea no Restaurante A Diligencia de Maceda
  • 23:30h – Pasabares a cargo dunha charanga

Sábado, 10 de febreiro

  • 9:30h – Percorrido dos Felos polos Pobos de Maceda
  • Baixada da Marela desde o alto do Toural (á tardiña)
  • Animación musical coas charangas BCB, Xés Pereiras de Amarante e A Felga
  • Verbena coa charanga Fuego

Domingo, 11 de febreiro

  • 9:30h – Percorrido dos Felos polos Pobos de Maceda

Luns, 12 de febreiro

  • 11h – Bolouros na Praza Miguel de Cervantes
  • 16h – Festa Infantil no Pavillón Municipal
  • 19h – Baixada da Mareliña con animación musical da charanga A Felga
  • 23h – Verbena coa charanga Europa

Martes, 13 de febreiro

  • 17:30h – Desfile de Carrozas e Comparsas
  • 19h – Orquestra Fusión na Praza das Toldas
Programa do Entroido de Maceda 2024

Sábado, 17 de febreiro

  • 20h – Enterro dos Mecos na Praza das Toldas
  • Procesión Fúnebre
  • Pinchada para todos os asistentes a cargo da Asociación Taberneiros do Pobo de Maceda

Botón volver arriba