Eventos

Programación de Nadal de Pereiro de Aguiar

Xa se presentou a Programación de Nadal 2022 no concello de Pereiro de Aguiar que contará con actividades familiares, concursos ou música…

A crecente población do concello de Pereiro de Aguiar terá varias opcións para participar nas actividades organizadas no Nadal de 2022.

Programación de Nadal de Pereiro de Aguiar

Os concursos ocupan un lugar importante no Nadal do Pereiro. A veciñanza deste concello poderá participar nos concursos de Tarxetas de Nadal, Decoración Navideña ou Adornos de Nadal. Tamén teremos espazo para a música coa coral Terras de Aguiar. Esta agrupación coral actuará en varios centros de maiores e realizará o Concerto de Nadal no Santuario dos Gozos.

No Nadal do Pereiro tamén hai espazo para un mercado solidario (17 de decembro), solidaridade (recollida de alimentos) e promoción (ensínanos o teu pobo). Un concerto para público familiar (16 de decembro) e as visitas de Papa Noel (17 de decembro) e os Reis Magos (5 de xaneiro) completan a programación.

Programación de Nadal de Pereiro de Aguiar

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba