A promoción da saúde ten un espazo destacado no concello de Barbadás e por tal motivo, pon en marcha varias clases nas distintas localidades do concello.
As clases de mantemento comezarán o luns ,17 de outubro, sempre que se anoten un mínimo de cinco persoas por clase.
Clases de mantemento en Barbadás
A proposta que o concello de Barbadás leva ós locais sociais do concello consta de dúas clases semanais de 45 minutos cada unha. Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destacou a importancia destes talleres que serven para «a promoción da saúde e a dinamización do medio rural».
Localizacións das clases e horarios:
- Parada de Piñor
luns e mércores 10:00 – 10:45 - Sobrado
luns e mércores 16:00 – 16:45 - Bentraces
luns e mércores 17:00 – 17:45 - Loiro
luns e mércores 18:00 – 18:45 - Fonsillón
luns e mércores 19:15 – 20:00 - A Valenzá (polideportivo)
martes e xoves 10:15 – 11:00 - Barbadás
martes e xoves 17:15 – 18:00 - As Lamas
martes e xoves 18:15 – 19:00 - Finca Fierro
martes e xoves 19:15 – 20:00 - San Lourenzo de Piñor
martes 16:15 – 17:00
venres 17:30 – 18:15
