Noticias

Propoñen un carné interclubs en Ourense

Desde o PSdG-PSOE propoñen un carné interclubs en Ourense dentro das propostas en materia de deporte para as eleccións municipais do 28 de maio.

Manuel Codeso, integrante da candidatura socialista indicou que «é prioritario para nós recuperar o orgullo, a ilusión e a saúde no deporte ourensán que fai anos representábanos por toda España con profesionais de élite que comezaron desde abaixo, desde a base. E isto implica acompañar aos deportistas desde o inicio para que poidan acadar as súas metas».

Propoñen un carné interclubs en Ourense

Este carné inteclubs permitiría ós cidadáns pertencer a varias entidades deportivas asumindo o concello unha parte do custe. «Deste xeito, un socio inscrito en tres equipos abonaría un 70% e o Concello, o 30% restante. No caso dos socios de catro equipos farían fronte ao 65% e o Concello, ao 35%. E para aqueles que se inscriban en cinco clubs reduciríase o prezo ata o 60%, encargándose a Administración local do restante».

Propoñen un carné interclubs en Ourense
Foto: PSdG-PSOE

Entre os problemas ós que se enfrontan os diferentes clubs deportivos de Ourense están a falta de instalacións adecuadas. «Temos que axudar para que os proxectos que xa están funcionando poidan converterse en realidades e soños cumpridos» sinalou Codeso.

O candidato á alcaldía, Paco Rodríguez, sinalou que «un dos nosos principios fundamentais é o de fomentar o deporte base e para iso imos ter que aumentar tamén as instalación nas que poidan practicar. Pero dentro do que xa hai, non poden terse privilexios de uso como se fosen espazos privados».

Botón volver arriba