Noticias

Propoñen un Consorcio Termal en Ourense

Desde o BNG propoñen a creación dun Consorcio Termal en Ourense na que estean representadas todas as administracións.

«Concello, Deputación, Xunta e Estado» estarían neste Consorcio Termal que permitiría «rematar coa caótica situación na que se atopa o sector termal de Ourense».

Propoñen un Consorcio Termal en Ourense

Luís Seara, candidato á alcaldía de Ourense sinala que «cada administración vai ao seu aire sen ningún tipo de coordinación, o que orixina que moitos dos proxectos previstos non se poidan executar ou mesmo que haxa institucións, como neste caso a Deputación, que anuncia a transformación da súa sede nun balneario, sen telo previamente consensuado co Concello».

Propoñen un Consorcio Termal en Ourense

Para poder levar a cabo os proxectos necesarios «é preciso que todas as administracións se involucren». Esta coordinación permitiría converter o termalismo nun «dos principais motores de dinamización económica, social e turística».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.