Ribeiro en Común lanza unha proposta para ampliar a oferta de vivenda pública en Ribadavia que permita dinamizar o centro urbano da vila.
Para poder realizar esta iniciativa, Ribeiro en Común indica que é precisa a colaboración entre o concello e a Xunta de Galicia.
Proposta para ampliar a vivenda pública en Ribadavia
Coa intermediación municipal, o IGVS mercaría os inmobles afectados para poder rehabilitalos e ofertalos como vivenda pública en alugueiro. Esa bolsa de vivenda pública permitiría recuperar poboación no centro urbano de Ribadavia.
Varios inmobles situados na rúa Progreso están baleiros. Na mesma rúa está situado un edificio sen rematar que tras unha década de abandono podería ser un candidato ideal para esta proposta.