Esta tarde terá lugar a proxección da película A Espada de Mouruás no Auditorio Julio Álvarez da Pobra de Trives.
Este traballo audiovisual da directora e actriz Lucía Álvarez, natural de San Xoán de Río, conta cunha gran acollida por parte do público desde a súa presentación. A proxección comezará ás 20h.
A entrada será libre ata completar o aforo do Auditorio Julio Vázquez.