Noticias

Proxecto para recuperar o entorno das Burgas e a Praza de Abastos

Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, presentou o proxecto para recuperar o entorno das Burgas e a Praza de Abastos.

Este proxecto forma parte do paquete de iniciativas do BNG para transformar Ourense é supón segundo o candidato «o máis ambicioso e importante pois estamos a falar dun enclave chave da cidade a nivel turístico e que tamén o ten que ser desde o punto de vista comercial».

Proxecto para recuperar o entorno das Burgas e a Praza de Abastos

«A recuperación e humanización de toda a contorna da Praza de Abastos xunto coa posta en valor do Rianxo e a reapertura tanto da piscina termal como do Centro de Interpretación, será unha prioridade para nós no vindeiro mandato», destaca Seara.

Proxecto para recuperar o entorno das Burgas e a Praza de Abastos
Foto: BNG de Ourense

Un xardín termal e completar o paseo existente no Río Barbaña ata a Molinera e o Polvorín completarían este proxecto. A maiores, o BNG tamén presentou os seus plans para a antiga cárcere. «Non é preciso inventar nada, o mellor exemplo de recuperación exitosa dun edificio similar témolo na vella cadea de Lugo». Nese senso, propoñen «un espazo multifuncional con dependencias administrativas, salas de exposicións, de conferencias ou mesmo de ensaio».

Botón volver arriba