Noticias

O PSdeG critica o orzamento do CMD por “continuísta” e “discrecional”

O grupo municipal socialista cualificou de “continuísta” o orzamento do Consello Municipal de Deportes (CMD) de Ourense para 2025, aprobado hoxe polo executivo de Gonzalo Pérez Jácome.

As socialistas denuncian que o proxecto non recolle cuestións esenciais como a terceira liña de subvencións por concorrencia competitiva, reclamada reiteradamente pola oposición.

O PSdeG critica o orzamento do CMD por “continuísta” e “discrecional”

Durante a reunión do CMD, a edil do PSdeG, María Fernández Ojea, advertiu que a ausencia deste mecanismo podería derivar nun novo uso das modificacións de crédito para conceder subvencións nominativas “a dedo e de maneira discrecional”. A socialista afirmou que se trata dun sistema rexeitado polo seu grupo ao carecer de “criterios obxectivos” e estar orientado a “comprar vontades”, en lugar de atender as necesidades reais das entidades deportivas.

O PSdeG considera que o orzamento aprobado non corrixe o déficit de infraestruturas que sofren moitos clubs e equipos da cidade, nin contempla un aumento real do investimento para o seu mantemento. Así mesmo, critican a escasa dotación para mellorar instalacións existentes, apoiar deportistas individuais ou potenciar eventos deportivos previstos no que resta de ano.

A voceira socialista, Natalia González Benéitez, lamenta que o proxecto non amose “unha estratexia deportiva clara” por parte do goberno de Democracia Orensana e insiste na necesidade de novas liñas de axuda e investimentos que impulsen o deporte local “en todas as súas vertentes”.

O PSdeG critica o orzamento do CMD por “continuísta” e “discrecional”

Por outra banda, o grupo municipal socialista quixo felicitar á Unión Deportiva Ourense polo seu ascenso á Segunda RFEF, cualificándoo de “meritorio e merecido”. González Benéitez pediu ao executivo unha recepción institucional na Casa Consistorial para celebrar este logro “con todas as formacións políticas representadas no CMD” e valorizar tamén outros éxitos do deporte ourensán.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.