Noticias

O PSdeG critica a falta de transparencia no orzamento de 2025

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense mostrou hoxe o seu escepticismo ante o anuncio do goberno local de levar ao pleno de maio a aprobación do orzamento municipal para 2025.

A decisión foi comunicada a través dunha nota de prensa emitida polo Concello. Segundo denuncian as e os edís socialistas, carecen de calquera tipo de documentación para estudar o contido do documento.

O PSdeG critica a falta de transparencia no orzamento de 2025

Cal é o contido dese orzamento? Ten informes técnicos favorables? Cal é o investimento que prevé? En que vai axudar á veciñanza? Nós non o sabemos. O único que temos é unha mensaxe nas redes sociais do alcalde no que dá por aprobados os presupostos”, sinalou a socialista María Fernández Ojea.

O PSdeG critica a falta de transparencia no orzamento de 2025
Foto: PSdeG-PSOE

Desde o PSdeG critican tamén a que consideran unha constante na xestión de Gonzalo Pérez Jácome: a improvisación e a ausencia de diálogo cos grupos da oposición. Denuncian que esta situación se produce mesmo en cuestións de tanta relevancia como a aprobación dun novo orzamento municipal. Lembran desde o PSdeG que xa levan seis anos sen actualizar as contas da terceira cidade de Galicia.

Todo semella unha nova idea do alcalde que considera que pode facer o que queira e cando queira co apoio dos mesmos de sempre”, advertiu Fernández Ojea, en alusión á posible colaboración do PP.

Os socialistas lembran que levan máis de cinco anos agardando un proxecto orzamentario serio que permita o funcionamento eficaz do Concello e o desenvolvemento de políticas públicas útiles para a cidadanía. “Só lle podemos reclamar ao executivo local que antes de realizar anuncios como o de hoxe, en dous parágrafos, remita, por favor, un borrador do expediente que pretende aprobar”, concluíu a representante do PSdeG, cualificando de “pouca seriedade” a actitude do alcalde e do seu equipo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.