Noticias

O PSdeG de Ribadavia denuncia parálise económica

O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia a parálise “absoluta” do goberno municipal en materia de desenvolvemento económico ao cumprirse tres anos de lexislatura.

Critica que non se avanzou na creación de solo industrial nin na chegada de novas empresas.

O PSdeG de Ribadavia denuncia parálise económica

Os socialistas lembran que o alcalde prometeu na campaña impulsar o parque empresarial e atraer investimento, pero “non foi quen de dar nin un só paso real”.

O PSdeG de Ribadavia denuncia parálise económica

Defenden que os anteriores gobernos socialistas impulsaron o solo industrial existente e afirman que agora mesmo non se está a ampliar nin a consolidar o tecido produtivo. Tamén alertan de peches de empresas durante o actual mandato.

A formación acusa ao executivo local de priorizar eventos e festas fronte ao emprego e o desenvolvemento económico. “Ribadavia necesita oportunidades, non propaganda”, sinalan.

Ademais, adverten da perda de poboación, que podería facer baixar o municipio dos 5.000 habitantes, e critican a falta de proxecto do goberno local.

Finalmente, o PSdeG-PSOE reclama un cambio de rumbo e insiste en que o parque empresarial debe ser unha prioridade estratéxica para o futuro económico de Ribadavia.

Botón volver arriba