Noticias

O PSdeG-PSOE de Celanova inicia a campaña electoral

O PSdeG-PSOE de Celanova inicia a campaña electoral cun acto realizado no Auditorio municipal Ilduara onde un importante número de persoas acompañaron ós integrantes da candidatura.

«Temos a forza e a capacidade para dar o impulso definitivo a Celanova, sen crispar a ninguén, mobilizándonos en contra das ameazas e das parcialidades» destacaron os socialistas durante o acto.

O PSdeG-PSOE de Celanova inicia a campaña electoral

Teresa Barge Dapía, candidata á alcaldía de Celanova, indicou que «o noso programa electoral xorde da nosa inquedanza por ofrecerlle algo diferente a nosa veciñanza, sen falsas promesas, ofrecendo un esforzo sincero e escoitando as necesidades reais do pobo para elaborar un plan de traballo eficaz».

A candidata destacou «o noso compromiso é levar a Celanova ao verdadeiro progreso e crecemento e demostrar que hai futuro».

O PSdeG-PSOE de Celanova inicia a campaña electoral
Foto: PSdeG-PSOE

Adolfo Pérez Abellás, deputado no Congreso, mostrou o seu apoio á candidatura do PSdeG-PSOE «na que as persoas son o epicentro». Destacou que a candidatura que lidera Teresa Barge aposta «polos cinco piares básicos do estado de benestar como son a educación, a sanidade, as pensións, o traballo e a vivenda».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.