Noticias

O PSdeG-PSOE celebra o novo plan de colaboración cos concellos

O PSdeG-PSOE de Ourense celebra o novo plan de colaboración cos concellos que destinará un total de 17 millóns de euros ós 91 concellos de menos de 20.000 habitantes.

«A consecución dunha histórica reivindicación dos socialistas da provincia que, a través dun mecanismo de financiamento máis equitativo, pon fin a décadas de uso partidista e clientelar de fondos públicos na provincia sen atender a criterios obxectivos nin ao interese xeral das nosas veciñas e veciños», indicou Álvaro Vila, portavoz socialista na Deputación de Ourense.

O PSdeG-PSOE celebra o novo plan de colaboración cos concellos

Tralo pacto alcanzado entre o grupo de goberno da Deputación e os deputados socialistas, o plan único contará no ano 2024 cunha cantidade de 17 millóns de euros. Será no ano 2025 cando esta cantidade aumentará a 18 millóns de euros para colaborar no financiamento das entidades locais.

O PSdeG-PSOE celebra o novo plan de colaboración cos concellos
Foto: PSdeG-PSOE

«Este é un paso máis a engadir ao millón de pasos que demos por Ourense para acabar co reparto inxusto e arbitrario de fondos públicos na Deputación» destacou Álvaro Vila recordando a iniciativa socialista realizada no ano 2021.

Botón volver arriba