Noticias

O PSdeG-PSOE critica as charlas que negan o cambio climático

O Grupo municipal do PSdeG-PSOE critica as charlas que se están a impartir en algúns centros escolares e que negan o cambio climático.

«Na actualidade, a loita contra as consecuencias e as causas do cambio climático e o respecto á natureza son algúns dos contidos que se abordan co alumnado en materias como Xeografía e Historia, Bioloxía ou en proxectos competenciais e de modo transversal» indica a concelleira Cristina Cruz.

O PSdeG-PSOE critica as charlas que negan o cambio climático

A tamén docente, destaca que «non se comprende que dende o executivo local se leve a contraria con cartos públicos, máis se cabe tratándose de persoas que aínda están a conformar o seu criterio propio».

O posicionamento da persoa que imparte estas charlas inclúe a teoría de que o cambio climático é un negocio e que non terá ningunha consecuencia. «Este posicionamento está máis próximo aos programas electorais de extrema dereita do que dilucidan a maior parte de estudos científicos sobre a materia».

O PSdeG-PSOE critica as charlas que negan o cambio climático

Botón volver arriba