Noticias

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Fernández del Riego

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Francisco Fernández del Riego no Días das Letras Galegas 2023 nun acto realizado nos Xardíns da Biblioteca Nós.

«Francisco Fernández del Riego tiña como obxectivo visibilizar a lingua e a literatura galegas nun contexto nada amable da ditadura franquista». Esta frase foi pronunciada por Cristina Cruz, integrante da candidatura socialista, para recordar a figura de Fernández del Riego.

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Fernández del Riego

Cristina Cruz tamén recordou unhas palabras do propio homenaxeado neste Días das Letras Galegas onde sinalaba que «o día 17 de maio de cada ano virá a ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade intelectual galega».

Outro integrante da candidatura socialista, José Ramón Morgade, lamentou a ausencia dun acto institucional organizado polo concello para celebrar o Día das Letras Galegas.

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Fernández del Riego
Cristina Cruz, Paco Rodríguez, Natalia González e José Ramón Morgade.
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense.

Paco Rodríguez, candidato á alcaldía, indicou que «centramos a nosa homenaxe nunha frase que debuxa á perfección a Fernández del Riego, segundo outros escribiron, que o cualifica como ‘o que nunca se rendeu’. Esta frase é moi oportuna xusto neste momento, nestes tempos nos que nos sentimos tentados a rendirnos ante os tambores destemprados da furia, orquestados para derruír a razón e mesmo o sentido común».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.