O grupo municipal do PSdeG-PSOE pide acceso ó expediente de cese do interventor do concello de Ourense que anunciou o alcalde Pérez Jácome.
Co obxectivo de coñecer a motivación que levou ó alcalde de Ourense a iniciar un expediente de cese do interventos, o grupo socialista solicitou coñecer de forma urxente o texto do procedemento.
O PSdeG-PSOE pide acceso ó expediente de cese do interventor
«Esta nova arroutada do rexedor contra as e os funcionarios trata, de novo, de servir como cortina de fume, para tapar a súa xestión vergoñenta e irresponsable, propia dun pequeno dictador que converteu xa ao Concello de Ourense no seu cortello particular» indicou Natalia González, voceira do PSdeG-PSOE no concello.