Noticias

O PSdeG-PSOE pide reforzar o sistema sanitario de Ourense

O PSdeG-PSOE pide «reforzar todo o sistema sanitario público de Ourense» nun acto que tivo lugar no Carballiño. Este acto serviu para anunciar unha iniciativa que presentarán no próximo pleno da Deputación de Ourense.

Os deputados e deputadas provinciais do Partido Socialista reuníronse no Carballiño para solicitar a «mellora prioritaria e inmediata» da atención primaria en Ourense.

O PSdeG-PSOE pide reforzar o sistema sanitario de Ourense

Acompañados do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, os representantes socialistas anunciaron a presentación da iniciativa para pedir á Xunta de Galicia un plan de acción sobre a sanidade na provincia.

A solicitude que votará o pleno da Deputación pedirá á Xunta de Galicia que elabore un plan específico para Ourense. Este terá como obxectivo deixar atrás os problemas da atención primaria e os servizos de urxencias por falta de medios humanos e materiais. Neste plan específico tamén se inclúe a creación dunha xerencia específica de atención primaria dentro da EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada) de Ourense.

O PSdeG-PSOE pide reforzar o sistema sanitario de Ourense

“Os datos son tremendamente reveladores e destapan un derrubamento deliberado do sistema público, co obxectivo de deixar un solar no que o sector privado poida edificar”, indican dende o grupo socialista na Deputación.

Botón volver arriba