Noticias

O PSOE critica a falta de documentación no proxecto de orzamento de Ourense

O Concello de Ourense remitiu esta mañá aos grupos municipais catro documentos vinculados ao proxecto de orzamento municipal.

Entre eles figuran a memoria do proxecto e da modificación das bases de execución, así como os estados de ingresos e gastos clasificados por orgánica e programa.

O PSOE critica a falta de documentación no proxecto de orzamento de Ourense

Porén, desde o Grupo Municipal Socialista critícase que se trata das clasificacións “máis escuetas” e “máis complexas” para realizar unha análise real do destino dos fondos públicos. “Entendemos claramente que é unha casualidade”, ironizou a concelleira socialista.

As socialistas lembran que un proxecto de orzamento debe incluír, por lei, máis documentación: “Como mínimo, unha memoria explicativa, a liquidación do exercicio anterior, un avance do corrente, o anexo de persoal, o anexo de investimentos e un informe económico-financeiro”, sinalan.

Desde o grupo socialista denuncian que o único documento remitido que podería achegar unha visión política do orzamento —a memoria— tampouco cumpre esa función: “Envíasenos unha memoria económica técnica que non aporta información relevante, porque sumar e restar sabemos todas. O que queremos saber é cal é o proxecto político de Democracia Ourensana para a nosa cidade”.

Ademais, alertan da ausencia de documentos fundamentais como a liquidación do exercicio anterior, os estados de gastos clasificados por económica, os anexos de persoal, os beneficios fiscais ou os informes preceptivos. Tamén botan en falta o anexo de convenios subscritos en materia social. “Ou se incumpre a legalidade ao obviar no proxecto compromisos adquiridos, ou, peor aínda, non teñen pensado suscribir ningún convenio social este ano”, denuncian.

O PSOE critica a falta de documentación no proxecto de orzamento de Ourense

Non sei se é un coleccionable e a semana que vén sae o informe xurídico. Dende logo, quedará para a última entrega o informe de intervención. Queremos pensar que é por descoñecemento e non unha vontade de rirse de nós”, conclúe o grupo socialista.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.