Noticias

O PSOE defende as súas políticas educativas

O PSdeG-PSOE de Ourense defende as súas políticas educativas impulsadas a nivel nacional e que reforzarían si José Ramón Gómez Besteiro alcanza a presidencia da Xunta de Galicia.

Membros da candidatura do partido socialista pola provincia de Ourense mantiveron unha reunión de traballo cos membros do goberno municipal de Barbadás.

O PSOE defende as súas políticas educativas

Nacho Gómez, número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE destaca que «Barbadás é un dos exemplos que temos da provincia de concellos que teñen que asumir competencias da Xunta en temas de educación ou sanidade».

Marga Pérez Fernández, integrante da candidatura socialista e concelleira de Educación en Barbadás, indicou que a Educación «é relevante porque afecta a formación e preparación da sociedade do futuro». Entre as carencias do sistema educativo destaca que «non hai orzamento suficiente para as reformas que demandan os centros de ensino, nin para a xestión diaria, nin tampouco para cando o profesorado se pon de baixa».

O PSOE defende as súas políticas educativas
Foto: PSdeG-PSOE

Si se logra un goberno encabezado polo candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, Marga Pérez anuncia que «coidaremos a educación e apostaremos por medidas como a gratuidade dos libros de texto na ESO». Esta medida encádrase dentro da promesa de «coidar das familias, do alumnado, do profesorado e da educación pública».

Botón volver arriba