Eventos

O PSdeG de Ourense celebrará o 1 de maio con homenaxe e manifestación

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG en Ourense organiza, o vindeiro xoves 1 de maio, a súa tradicional ofrenda floral e lectura do manifesto diante do busto de Pablo Iglesias Posse, fundador do Partido Socialista Obreiro Español.

O acto terá lugar ás 10:30 horas na rúa que leva o nome do histórico dirixente.

O PSdeG de Ourense celebrará o 1 de maio con homenaxe e manifestación

A homenaxe servirá para reivindicar a necesidade de seguir mellorando as condicións da clase traballadora. Entre elas está avanzar na redución da fenda salarial e acadar unha diminución da xornada laboral. Despois do acto, a agrupación socialista participará na manifestación convocada polas organizacións sindicais da provincia, que percorrerá as rúas de Ourense a partir do mediodía.

Sairemos á rúa, como cada Día dos e das Traballadoras, para lembrar o xa conquistado. Mais tamén para comezar a gañar o futuro con máis dereitos como a redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais, que previsiblemente se aprobará o martes no Congreso”, sinalaron dende a dirección local do PSdeG.

O PSdeG de Ourense celebrará o 1 de maio con homenaxe e manifestación
Acto polo 1 de maio do PSdeG-PSOE de Ourense

Desde a agrupación municipal subliñan a importancia de “continuar reivindicando e alzando a voz ante as desigualdades que aínda persisten”. Tamén insisten no obxectivo de construír “unha sociedade máis equitativa en dereitos e salarios”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.