Noticias

¿Que facemos cos quioscos?

¿Que facemos cos quioscos que foron retirados das rúas de Ourense? Podemos darlle unha segunda vida para que continúen formando parte do mobiliario urbano?

O goberno municipal de Ourense retirou nos últimos anos os quioscos que estaban situados en distintos puntos da cidade e trasladounos ó Parque Botánico de Montealegre.

¿Que facemos cos quioscos?

Para o grupo municipal do PSdeG-PSOE, o goberno de Ourense debería buscar unha nova utilidade para estes quioscos e non acumulalos nun entorno natural. Alba Iglesias, concelleira do PSdG-PSOE en Ourense lamenta «unha estampa que da moita pena ao ver como se converte nun vertedoiro este espazo».

¿Que facemos cos quioscos?
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

A retirada destes quioscos contrasta coa intención dos socialistas que solicitan ó alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a restauración e recuperación dos mesmos. Entre as propostas para un novo uso dos quioscos estaría un punto de recollida e entrega de paquetería, caixeiros automáticos, cargadores para vehículos eléctricos ou quiosco rexentado por algunha asociación do ámbito social como sucede na Coruña coa Asociación Down.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.