Noticias

Queixas veciñais pola decisión sobre o aparcadoiro municipal

Ribeiro en común informa de queixas veciñais motivadas pola decisión do goberno local sobre o aparcadoiro municipal.

Segundo informa Ribeiro en Común, o goberno municipal de Ribadavia eliminou a gratuidade de 2 horas que tiña este espazo público.

Queixas veciñais pola decisión sobre o aparcadoiro municipal

Falta de información e publicidade desta decisión e a ausencia dun diálogo co sector comercial están detrás da maioría de queixas veciñais.

A decisión de establecer un período gratuíto de 2 horas no aparcadoiro municipal foi adoptada durante o anterior mandato e tiña como obxectivo contribuír a unha mellor regulación do tráfico e a promoción do comercio na vila.

Queixas veciñais pola decisión sobre o aparcadoiro municipal
Foto: Ribeiro en común

Desde Ribeiro en Común solicitan unha rectificación e a convocatoria da Comisión de tráfico.

Botón volver arriba