«Queremos emprender unha viaxe cos ourensáns e ourensás cara un destino no que sentirnos orgullosos e orgullosas» foi unha das frases pronunciadas polo candidato socialista durante a pegada de carteis.
O acto de inicio da campaña electoral en Ourense mostrou unha nutrida presenza de membros do PSdeG-PSOE arroupando ó candidato á alcaldía.
«Queremos emprender unha viaxe cara un destino no que sentirnos orgullosos e orgullosas»
Paco Rodríguez mostrou a súa confianza en que Ourense escolla nas urnas un cambio con respecto ó actual «sendeiro de vergoña».
Natalia González, voceira municipal, sinalou que «arrancamos esta campaña con moita forza, ilusión e un proxecto renovado no que confiamos plenamente». Tamén se pronunciou Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial que confía nun resultado histórico. «Ourense deixará de ser unha excepción respecto á senda de avances, e as mulleres e os homes do partido socialista seremos quen de brindarlle a cada veciña e a cada veciño a confianza e o futuro polo que levan esperando dende hai tantos anos».
A secretaria xeral de Xuventudes Socialistas, Alba Iglesias, destacou que «a nefasta situación desta cidade xa a coñecedes dabondo e esta non é unha noite para falar do pasado, nin para lambernos as feridas. É o noso momento, non podemos deixar escapar o tren, e nunca mellor dito, porque nós si queremos unha intermodal digna, si queremos vivenda social e si cremos na xuventude desta cidade«.