Noticias

Rafael Rodríguez Villarino inicia a campaña en San Cibrao das Viñas

Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial do PSdeG-PSOE, inicia a campaña electoral pola alcaldía de San Cibrao das Viñas cun acto realizado en Soutopenedo.

Numerosos veciños acompañaron o inicio da campaña electoral na que Rafael Rodríguez Villarino aspira á alcaldía de San Cibrao das Viñas.

Rafael Rodríguez Villarino inicia a campaña en San Cibrao das Viñas

Durante o acto, o candidato agradeceu «o alento recibido e a atmosfera de cambio que se respira nos encontros coas veciñas e cos veciños, que agradeceron a competencia e calidade da candidatura socialista, a máis forte que se ten presentado neste concello e recolle o legado do socialista Juan Antonio Navarro Lima».

Rafael Rodríguez Villarino inicia a campaña en San Cibrao das Viñas
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

Rosa Martínez Rodríguez, nº 4 da candidatura, destaca o grupo humano que forma esta lista «une e pon en valor á xuventude, o feminismo, o traballo, a ilusión o esforzo e a honradez para polos a servizo da veciñanza de San Cibrao». Desta Martínez Rodríguez que San Cibrao «sempre destacou por ter moita xente creadora, artistas, e persoas de gran prestixio a nivel provincial e galego, pero a día de hoxe, segue sen dispor nin dun auditorio, nin dunha casa da cultura».

Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.