Noticias

Rafael Villarino presentou a súa candidatura en San Cibrao das Viñas

Rafael Rodríguez Villarino presentou a súa candidatura á alcaldía de San Cibrao das Viñas nun acto no que estivo acompañado por numerosos simpatizantes.

O 28 de maio, Rafael Rodríguez Villarino encabezará a lista do PSdeG-PSOE á alcaldía de San Cibrao das Viñas. A súa experiencia na política local comezou en Amoeiro onde foi alcalde e continúa na cidade de Ourense onde foi candidato á alcaldía no 2019.

Rafael Villarino presentou a súa candidatura en San Cibrao das Viñas

A súa candidatura contou co apoio dos membros da executiva do PSdeG-PSOE que estiveron presentes no acto realizado onte. Valentín González, secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, e Beatriz Domínguez Blanco, secretaria de traballo da executiva provincial, apoiaron a presentación da candidatura.

«San Cibrao ten futuro e a veciñanza disporá dun goberno á altura das súas necesidades e aspiracións» indicou o candidato socialista durante a súa intervención. Na opinión de Villarino, San Cibrao das Viñas «é un dos concellos con máis posibilidades de progreso da provincia de Ourense, pero leva nas mesmas mans e instalado nun inmobilismo conformista desde hai 44 anos».

Rafael Villarino presentou a súa candidatura en San Cibrao das Viñas
Foto: PSdeG-PSOE

Ante esa situación, Villarino pensa que «é tempo de dotar á veciñanza de instalacións e servizos acordes aos ingresos recibidos e de crear e cumprir expectativas aprazadas sine die pola falla de iniciativa dos titulares da casa consistorial».

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, indicou que a candidatura de Villarino «vén a ofrecer un modelo radicalmente distinto ao de Baltar. Un modelo onde claramente a ética e o seu principal principio, pero tamén o é o compromiso coa cidadanía, por riba incluso dos intereses do partido».

Botón volver arriba