Eventos

Raigame 2022 recorda a figura do médico rural

A edición de Raigame deste ano 2022 recorda a figura do médico rural dentro da programación de actividades previstas tras os dous anos de pandemia.

O 17 de maio, día das Letras Galegas, te en Vilanova dos Infantes (Celanova) un dos seus lugares de encontro. Un espazo onde se citan artesáns que mostran a realidade duns oficios que en moitos casos se foron perdendo.

Raigame 2022 recorda a figura do médico rural

Na XIX Romaría Etnográfica Raigame non faltarán as actuacións musicais, de danza, teatro e distintas recreacións históricas. Nesta edición, a organización da Romaría Raigame decidiu facer unha homenaxe á figura do médico rural. A Fundación Carlos Velo emitirá un documental sobre esta figura.

Raigame 2022 recorda a figura do médico rural

Raigame 2022 tamén contará cunha feira de gando maior e unha exhibición ecuestre. No seguinte mapa de Vilanova aparece sinalado o lugar onde estará instalado cada artesán. Na seguinte imaxe figura o listado completo de artesáns participantes.

Raigame 2022 recorda a figura do médico rural

No seguinte documento tendes a mesma información en formato pdf. Mapa coas localizacións e listado de participantes para non perder nada da Romaría Etnográfica Raigame 2022.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba