Noticias

A raíña Sofía destaca a riqueza patrimonial de Castro Caldelas

A raíña emérita Sofía visitou este venres Castro Caldelas, considerada unha das vilas máis fermosas de España.

Acompañada polo subdelegado do Goberno, Eladio Santos, e pola alcaldesa Sara Inés Vega, a raíña percorreu o Castelo da vila e disfrutou dun paseo polas súas rúas, ambientadas pola música tradicional da Real Banda de Gaitas de Ourense.

A raíña Sofía destaca a riqueza patrimonial de Castro Caldelas

Durante o acto, Eladio Santos expresou o seu agradecemento pola visita da raíña á provincia de Ourense, destacando a súa relevancia para impulsar o recoñecemento do patrimonio cultural galego.

Pola súa parte, tamén felicitou á alcaldesa Sara Inés Vega pola excelente organización da xornada, que puxo en valor a historia e beleza de Castro Caldelas.

A visita rexistrou unha gran expectación entre os veciños e visitantes, que recibiron á raíña con agarimo e entusiasmo, nun xesto de recoñecemento á súa traxectoria e compromiso coa cultura española.

A raíña Sofía destaca a riqueza patrimonial de Castro Caldelas
Foto: subdelegación do Goberno

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.