Noticias

Reclaman urxencia para a reforma da Ponte da Veronza

Reclaman urxencia desde o concello de Ribadavia á Deputación Provincial de Ourense para por en marcha a reforma da Ponte da Veronza.

A reforma da Ponte da Veronza contará con financiamento procedente da Deputación de Ourense e o Concello de Ribadavia. Tras proceder á solicitude de tódolos trámites necesarios, desde o goberno municipal instan a acelerar os procedementos administrativos.

Reclaman urxencia para a reforma da Ponte da Veronza

A obra pendente de realizar conta con tódolos permisos necesarios, incluída a autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Os meses de verán eran os máis propicios para a realización das obras de restauración, aproveitando o baixo caudal do río.

Reclaman urxencia para a reforma da Ponte da Veronza

A adxudicación das obras está en mans da entidade provincial, trámite que dende Ribadavia solicitan se axilice. Para a realización das obras, o concello de Ribadavia tivo que habilitar unha achega económica de 10.000 euros que se suma á achega económica da Deputación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba