O PSdeG-PSOE destaca os investimentos de máis de 300.000 euros para recuperar o edificio e convertelo nun espazo cultural e social.
O candidato socialista ao Congreso, Brian Diz González, puxo en valor o investimento do Goberno de Pedro Sánchez na rehabilitación do Colexio Vello de Maside, un edificio de 1950 que se transformará nun equipamento público para actividades culturais, sociais e asociativas.
Maside rehabilitará o antigo Colexio Vello con fondos estatais
O proxecto conta con 302.563,02 euros de achegas estatais, procedentes de dúas convocatorias do programa PIREP financiadas con fondos europeos Next Generation. O Concello completa o financiamento con outros 70.000 euros.

As obras inclúen a renovación da cuberta e das fiestras, melloras no illamento, unha nova calefacción de biomasa e unha bancada retráctil de 92 prazas para habilitar un pequeno auditorio.
Diz González defendeu que estes investimentos permiten recuperar patrimonio e mellorar os servizos dos pequenos municipios, e vinculou a actuación coa aposta socialista polo rural de cara ás eleccións do 29 de novembro.

