Desde o grupo municipal socialista rexeitan a privatización do Espazo Lusquiños que anunciou o alcalde de Ourense no último pleno.
En resposta a unha iniciativa do PSdeG-PSOE de Ourense para abrir o Espazo Lusquiños e dotalo de programación, o rexedor anunciaba a súa intención de poñelo «en mans de profesionais».
Rexeitan a privatización do Espazo Lusquiños
Na opinión dos socialistas, esta medida significaría borrar o significado polo que foi creado este espazo. «O PSdeG-PSOE non vai apoiar un modelo no que só participen os que poden pagar e que asegura a discriminación de acceso pola vontade de querer facer negocio a costa de todo. Fonte a isto atoparase o rexedeor ao partido socialista e a XX.SS. para defender os servizos municipais e á veciñanza de Ourense» indicou a concelleira Alba Iglesias.
Destaca a concelleira socialista que «como van coñecer os mozos e mozas o Espazo Lusquiños se sempre está pechado e vacío de contido e nin sequera abre no período estival?».