O concello de Ribadavia abre unha Casa do Maior para poder cubrir unha demanda existente no municipio para a atención de persoas dependentes.
Mellorar a conciliación familiar non só é cousa de nenos. As escolas infantís son un recurso de gran valor para poder conciliar a vida laboral e familiar en moitas familias. O caso é que en ocasións, eses servizos son necesarios para coidar ós nosos maiores.
Ribadavia abre unha Casa do Maior
No concello de Ribadavia poñen en marcha a Casa do Maior que acollerá a un máximo de cinco persoas. Ubicada no Colexio da Alameda, estará destinada a persoas con dependencia. Desta forma, o concello colabora con aquelas familias que teñen maiores dependentes ó seu cargo e necesitan esta axuda.
A utilización do servizo será de balde e só terá un custe ó servizo de comida que será de 5€. A información sobre o funcionamento do servizo estará dispoñible nos servizos sociais do concello.