O Concello de Ribadavia obtivo unha axuda para rehabilitar o antigo Matadoiro dentro da convocatoria do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia.
Tras solicitar apoio económico en varias institucións, foi a entidade autonómica a que atendeu as necesidades do concello para afrontar un proxecto de máis de 30.000 euros.
Ribadavia obtivo unha axuda para rehabilitar o Matadoiro
A rehabilitación deste espazo permitirá mellorar a dotación municipal con unha nova sala de usos múltiples e ó mesmo tempo mellorar a imaxe dun edificio que está situado ó carón do Convento de San Francisco.